benvidos rapaces! aqui mostramosvos unha pequena presentacion acerca do cambio climatico e outras informacions para que xuntos poidamos detelo! que vos parece? aínda que nos vaia costar aínda estamos a tempo de conseguilo! unha vez que vos informedes nesta páxina poñedevos mans á obra para non destruir o noso planeta!
o blogue feito por Rita e Lara membros do grupo formado por Sara, Lorena e Paula
Os contidos do blogue, feitos por todos os membros do grupo
agardamos que vos guste!
É unha modificación do clima debido principalmente a causas naturais (como fai anos o meteorito que matou aos dinosaurios) pero que agora mesmo, é por culpa nosa debido a que estamos facendo que aumente a capa de efecto invernadoiro que nos permite ter vida na terra ( sen ela non poderiamos vivir xa que as temperaturas serían moito menores ca nun conxelador). Esta capa aumenta debido ao dióxido de carbono que é un gas que emitimos cando utilizamos os coches ( fume do tubo de escape), incendiamos un monte; cando utilizamos a enerxía,pois ven das industrias que o conseguen queimando carbón e petróleo( e emiten CO2) … o metano ( producímolo cando botamos un peido) etc. Estes gases acumúlanse na atmosfera e fan que a capa de efecto invernadoiro sexa máis grosa polo que aumentara a temperatura na terra xa que os raios que entren nela non poderán saír. A temperatura aumentará lixeiramente ( 2ºC) pero isto provocará graves estragos no clima: como o desxeo dos polos que provocará un aumento do nivel do mar que inundará as cidades costeiras, desaparecerán as praias, a xente morrerá afogada e uns cantos superviventes terán que emigrar cara os polos onde a temperatura será como a de agora aquí. A poboación diminuirá tanto que por exemplo: de haber na pobra 10.000 habitantes a haber 1 e así en cada pobo. Outra consecuencia é a sequía, aparecerán desertos en moitos lugares nos que agora chove moito, isto estará provocado por un maior número de incendios xa que a vexetación medrará máis e coa perda desta que retén o solo favorecerá a desertización. As cinzas que quedan despois dos incendios serán transportadas ao mar e morrerán os peixes, mariscos…estes tamén morrerán debido ó aumento da temperatura da auga.
Calquera cousa que fagamos é importante para que isto non suceda. Con tan só acender unha luz xa estamos producindo Co2 así que apágaas senon as estas a usar, tamén debemos utilizar as lámpadas de baixo consumo para aforrar enerxía. Apagar todos os aparellos senon os estamos empregando incluso as pequenas luces da televisión, ordenador, dvd…xa que o que gasta cada luz destas equivale a unha bombilla acendida durante todo un día. Para aforrar enerxía e que as industrias non teñan que queimar tanto petróleo e carbon ( e emitir co2) encher ben a lavadora lavalouza etc. Usar o coche de san Fernando un pouquiño a pé e outro pouquiño andando e se non che gusta este coche colle o autobús, metro, bicicleta etc. Outro método de aforrar é regulando ben a calefacción da casa, non poñer moi alta a temperatura para despois andar de manga corta na casa no inverno nin abrir as ventás. Non estar media hora na ducha, cerrar a auga canda nos enxabonamos etc. para non queimar o gas butano nin gastar a enerxía coa agua quente.
Outra forma de evitalo e reciclando, reutilizando…xa que por cada quilo de plástico reciclado deixamos de emitir 1’5 Kg de CO2 e por cada 1 de aluminio evitase a emisión de 9 kg de dióxido de carbono á atmosfera, axudando a deter o cambio climático.
● Clima: conxunto dos diferentes tipos de tempo durante como mínimo un ano.
● Meteoríto: rocha do espazo que chega ó solo sen desfacerse ó entrar na atmosfera.
●Efecto invernadoiro: fenómeno que permite que os raios solares traspasen a atmosfera e evita que logo saian todos ó exterior mediante una capa formada por CO2,vapor de auga e outros gases.
●Emigrar: salir del país do que no que vives para outro.
●Atmosfera: capa gasosa que envolve a Terra.
●Desxeo: é a fusión do xeo dos polos. Como un cubiño de xeo ó sácalo de conxelador.
●Sequía: falta de auga.
● Vexetación: conxunto de plantas, arbores, arbustos, etc
●Desertización: cambio dunha paisaxe a deserto.
●Lámpadas de baixo consumo: lampadas que gastan menos que una lampada normal.
●Electrodomésticos de clase A: Electrodomésticos que funcionan moi ben e fácilmente e que tenen un consumo máis baixo de 55%.
de seguido imos ver unha reportaxe
about
Hello my name is NULL. Welsome to unmundocambianteperigoconstante and you're welcome to stay as long as you want.
categories
- Sen clasificar (6)
meta
calendar
| L | M | M | X | V | S | D |
|---|---|---|---|---|---|---|
| « Mai | ||||||
| 1 | ||||||
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
| 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
| 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
| 30 | 31 | |||||
Wordpress theme by Wordpress Themes & made free by Internet Marketing Center
Edit here in the footer.php
